Carlos IV de Borbón, nado no Palacio Real de Portici (Reino de Nápoles) o 11 de novembro de 1748 e finado en Roma (Estados Pontificios) o 20 de xaneiro de 1819, foi rei de España desde o 14 de decembro de 1788 até o 19 de marzo de 1808 cando, como consecuencia do golpe de Estado que pasou á historia como o motín de Aranjuez, abdicou en favor do seu fillo Fernando, príncipe de Asturias.
Era fillo e sucesor de Carlos III e da súa esposa María Amalia de Saxonia.Sucedeu ao seu pai, Carlos III, ao morrer este o 14 de decembro de 1788.
Accedeu ao trono cunha ampla experiencia nos asuntos de Estado, aínda que o seu reinado foi desastroso, porque se viu superado pola repercusión dos sucesos acaecidos en Francia en 1789 e tamén pola súa falta de enerxía persoal, que fixo que deixara o goberno en mans da súa esposa María Luísa de Parma e do seu valido, Manuel Godoy, de quen se dicía que era amante da raíña. Porén, hoxe en día esas afirmacións foron desmentidas por varios historiadores.
Carlos IV, mozo.Estes acontecementos frustraron as expectativas coas que iniciou o seu reinado. Á morte de Carlos III, o empeoramento da economía e a desorde da administración revelaban os límites do reformismo, mentres que a Revolución francesa poñóa enriba da mesa unha alternativa ao Antigo Réxime.
Pode dicirse, por tanto, que coa morte de Carlos III rematou a historia do reformismo ilustrado en España, pois o estalido case inmediato da Revolución francesa ao ano seguinte provocou unha reacción de terror que converteu o reinado do seu fillo e sucesor, Carlos IV, nun período moito máis conservador.
Ao final do reinado deste último, a invasión francesa arrastraría ao país a un ciclo de revolución e reacción que marcaría todo o século XIX, sen deixar espazo para continuar un reformismo sereo como o que desenvolvera Carlos III.
Reinado:
- Goberno do conde de Floridablanca
- Goberno do conde de Aranda
- Primeiro goberno de Manuel Godoy
- Gobernos de Saavedra e Urquijo
- Segundo goberno de Manuel Godoy
- Crise final
- Final
Ningún comentario:
Publicar un comentario