Neste século destacan grandes autores como Catelao.
CASTELAO
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886 e finado no exilio, en Buenos Aires (Arxentina), o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX.[1] Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural inmaterial.
A Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle o Día das Artes Galegas 2016 polos "extraordinarios méritos artísticos" da obra de Castelao.
Polifacético novelista, debuxante, caricaturista, pintor, dramaturgo, ensaísta teórico da arte e político.
Coma escritor, Castelao comeza dedicándose á narrativa, máis tarde inicia o seu labor coma ensaísta e, por último, coma dramaturgo. A súa obra caracterízase pola crítica social, polo humor acedo, a través do cal pretende amosar os defectos da sociedade galega do seu tempo, e polo lirismo, que atinxe á forma e aos contidos, con abondosos recursos expresivos (anáforas, comparacións, paralelismos...) e cunha esmerada selección léxica, procurando sobre todo efectos rítmicos. A súa prosa caracterízase pola concisión e brevidade, eliminando todo o innecesario.
O 31 de xullo de 2008, o Consello da Xunta aprobou un convenio entre a Consellería de Cultura e a Fundación Castelao para a catalogación e dixitalización de tódolos textos, obras, discursos, cartas, fotografías, debuxos e calquera material atribuído a Castelao disperso en diversos países en hemerotecas, organismos oficiais e coleccións públicas e privadas. O investimento aprobado foi de 300&nbsbp;000 euros co obxectivo de crear un fondo accesible ó público na Cidade da Cultura.
O coordinador do proxecto, Miguel Anxo Seixas Seoane, vicepresidente da Fundación, estimou un total dunhas 3000 obras a catalogar, para o que se prevíu un traballo de dous anos tanto en Galiza como en Madrid, Estados Unidos, Cuba, México ou Arxentina.
Se queres saber máis información de castelao esta é a fonte de información (PINCHA)
Ningún comentario:
Publicar un comentario