venres, 18 de novembro de 2016

DIFERENTES RELIXIÓNS

Monoteístas: estas cren na existencia dun único Deus, creador do universo.

a. Cristianismo: esta relixión recoñece a Jesús de Nazaret como fundador e é ademais a súa figura central. Concíbese a Jesús como o fillo de Deus feito home e o mesías que o Antigo Testamento profetiza. O que esta relixión cre é que o fillo de Deus morreu pola redención do home do pecado orixinal e que ao terceiro día resucitou de entre os mortos. Os textos máis importantes desta relixión son o Antigo e Novo Testamento.

b. Xudaísmo: das relixións monoteístas, esta é a máis antiga. Cre na existencia dun único Deus, creador do universo e que elixiu ao pobo xudeu para rebelarlle os Dez Mandamentos. Ademais de ser unha relixión, é considerada unha cultura e tradición iniciada por Abraham. A obra máis importante desta relixión é a Torá.

c. Islam: esta relixión considera a Allah como único Deus, sendo Mahoma o seu mensaxeiro e último profeta enviado por el. O texto sacro do Islam é o Corán.

Politeístas: son aquelas que cren na existencia de varios deuses que se organizan nun panteón ou xerarquía, unha delas é:
d. Hinduismo: esta relixión provén da India e carece de fundador como as anteriores. É unha sumatoria de relixións, crenzas, costumes, cultos e rituais e adóranse múltiples deuses. Os hinduistas cren que detrás do universo visible, susceptible de cambios e destrucións, hai unha existencia eterna e sen cambios. O maior logro nesta relixión é o abandono da reencarnación para retornar ao universo espiritual.
Resultado de imagen de tipos de religiones
Panteístas: estas relixións cren que o creador e a súa creación posúen unha mesma esencia, por exemplo:

e. Taoísmo: o taoísmo, cuxo significado é ?ensino do camiño? é unha tradición filosófica e relixiosa que data de fai dous mil anos atrás e foi fundada por Lao Tse. O obxectivo de quen profesa esta relixión é a inmortalidade, que pode ser entendida de diversas maneiras. Tao é o nome que se lle outorga á orde natural e o seu obxectivo é ensinarlle ao home para integrarse na natureza. Nesta relixión, as tres virtudes fundamentais son a paz, tranquilidade e silencio.

Non teístas: estas relixións non conciben a existencia nin de deuses nin de creadores, por exemplo:

f. Budismo: esta relixión non teísta xurdiu cos ensinos de Siddhartha Gautama na India. A este coñécello baixo o nome de Buda, que significa iluminado. O que persegue esta relixión é a creación dunha sociedade pacífica e perfecta e ao mesmo tempo, a realización plena da natureza humana.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario