xoves, 16 de febreiro de 2017

As películas

Na clase de inglés co nativo fixemos unha especie de xogo o cal consistía en describir loxicamente en inglés unha película.
Ao principio non participamos moito pode ser pora vergoña pero finalmente non queríamos volver a clase polo que nos estaba a gustar.
Saíron algunhas películas tan famosas como en busca da felicidade, a sirenita, buscando a nemo...
Resultado de imagen de gifs de buscando a nemo
Como xa os dixe máis dungha vez os recomendo que verades a miña pelicula favorita que é en busca da felicidade.
 Chris Gardner (Will Smith) é un pai de familia que loita por sobrevivir. A pesar dos seus valentes intentos para manter á familia á boia, a nai (Thandie Newton) do seu fillo de cinco anos Christopher (Jaden Christopher Syre Smith) comeza a derrubarse por mor da tensión constante da presión económica; incapaz de soportalo, en contra dos seus sentimentos, decide marcharse.

Chris, convertido agora en pai solteiro, tenazmente continúa buscando un traballo mellor pago empregando todas as tácticas comerciais que coñece. Consegue unhas prácticas nunha prestixiosa correduría de bolsa e, a pesar de non percibir ningún salario, acepta coa esperanza de finalizar o plan de estudos cun traballo e un futuro prometedor. Sen colchón económico algún, pronto botan a Chris e ao seu fillo do piso no que viven e ven obrigados a vivir en centros de acollida, estacións de autobús, cuartos de baño ou alá onde atopen refuxio para pasar a noite.

A pesar das súas preocupacións, Chris continúa cumprindo as súas obrigacións como pai e móstrase cariñoso e comprensivo, empregando o afecto e a confianza que o seu fillo depositou nel como incentivo para superar os obstáculos aos que se enfronta.
Resultado de imagen de gifs en busca de la felicidad

Ningún comentario:

Publicar un comentario