Como ben sabes os traballos de voluntariado contribúen ao benestar das persoas e adoitan ser xestionados por organismos públicos e sen ánimo de lucro. Aínda que estes empregos moi de cando en cando ofrécenche un soldo permíteche coñecer outro país e traballar con persoas de todo o mundo, polo que se acabas de finalizar os teus estudos esta pode ser unha opción moi interesante á hora de aprender inglés no Reino Unido ou ben para buscar traballo en Inglaterra.
Un amigo mio estivo este verán 2013 axudando nas oficinas de Oxfam de Londres en temas de contabilidade e pagábanlle 5 pounds ao dia + o transporte. Obviamente non o fas por diñeiro porque non che dá para nada, pero é algo que se agradece. Aviso que non todos fan isto e o normal é non cobrar. Iso si, todos che pagan o transporte e se é necesario a comida.
O voluntariado no estranxeiro é unha das mellores alternativas para conseguir máis tarde un traballo remunerado. Agora ben, debes saber que para optar a un posto deste tipo, moitas organizacións esixen un depósito e unha solicitude formal. Como adoita haber prazos para a devandita solicitude debes revisar as webs de cada organismo e ver as súas vacantes.
Importante: se vas aplicar a algún voluntariado por internet, é moi importante que envies a túa curriculum e a túa cover letter, na que che presentas e explicas porqué estás interesado en axudar no seu equipo. Algo fundamental é que inclúas un número de telefono inglés (tranquilo é gratis) xa que senón non che van a chamar, algo que seria unha pena.
Fonte de información: http://trucoslondres.com/voluntariado-inglaterra/
Ningún comentario:
Publicar un comentario