luns, 13 de febreiro de 2017

Seguir os noso soños

O outro día falamos de que debemos de seguir os nosos soños e pelexar na vida aunque nos de moitos golpes.
Como podedes saber por a noticias morreu Bimba Bosé e aunque non ten nada que ver coa materia eu quero falar de ela porque pareceme unha muller que sempre defendeu os seus ideais e loitou ata o último momento cun sonriso na cara na sua batalla co cáncer.
Non sei por que, pero a súa morte sorprendeume bastante e fíxome reflexionar. Sempre me pareceu unha muller ``loitadora´´ xa que levaba catro anos cun cáncer e o último que quixo foi que a xente sentise pena por ela .
Ademais de levar esta terribel enfermidade ao lombo tamén loitou no ámbito profesional xa que era unha persoa ``diferente´´ con ideais moi distintos aos da maioría da sociedade e depois de tanto esforzo sempre conseguíu o que quería a pesar dos grandes golpes.
Eu creo que ela é un exemplo a seguir que debemos de tomar todos.
Ademáis vin un video de motivación que os pode gustar moito e que fainos reflexionar sobre cal son a nosas metas persoais e se realmente estamos a loitar por elas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario