Está considerado como o pai da síntese orgánica moderna. Realizou investigacións punteiras en numerosas ramas da química orgánica, entre as cales destacan as relacionadas coa síntese de compostos orgánicos complexos, como a quinina (1944), o colesterol e a cortisona (1951), o ácido lisérgico e a estricnina (1954), a reserpina (1954), a clorofila (1960), os antibióticos da tetraciclina (1962) e a cianocobalanina ou vitamina B12 (1971), esta última en colaboración cun equipo de investigadores suízos.
Durante a Segunda Guerra Mundial as súas investigacións centráronse no descubrimento da estrutura da penicilina, a cal conseguiu esclarecer en 1945 mediante o emprego de técnicas espectroscópicas. Os logros conseguidos por Woodward na determinación das estructuas por medio de técnicas espectroscópicas impulsaron enormemente o desenvolvemento desta disciplina; entre as estruturas moleculares deducidas por Woodward destacan a penicilina, a oxitetraciclina e a estricnina.
Debido á brillantez da súa carreira, foi subvencionado por unha compañía farmacéutica en 1963 para fundar o Instituto Woodward de Investigación en Basilea (Suíza), onde dirixiu numerosos proxectos de investigación paralelamente aos traballos desenvolvidos en Harvard. Os seus métodos de traballo permitiron o desenvolvemento de novos métodos de síntese xeral. En 1965 confeccionou un conxunto de regras, coñecidas co nome de regras de Woodward-Horrmann.
Fonte de información: http://www.biografiasyvidas.com/biografia/w/woodward.htm
Ningún comentario:
Publicar un comentario