mércores, 26 de abril de 2017

A transición

Resultado de imagen de transicionTras a morte de Franco e a proclamación de Juan Carlos I como rei, iniciáronse os primeiros pasos da transición, cuxo obxectivo era unha democracia. Estaban a vivirse uns momentos de conflitos e manifestacións, debido ao descontento dos cidadáns, polo que se empezou a vivir grandes situacións de represión. Ademais a igrexa e o exército tiñan uns papeis moi importantes, xa que algúns militares estaban en contra da democracia e outros a favor, con todo a igrexa apoiaba totalmente ao sector reformista do franquismo.

Atopábanse co goberno de Arias Navarro, o único que seguía mantendo a ideoloxía franquista, polo que o obxectivo do rei era facerlle dimitir. Unha vez que o conseguen, pasa a ser o xefe do goberno Adolfo Suarez, elixido polo rei o 5 de xullo de 1976, xa que o consideraba un home da súa xeración e con experiencia. Grazas a el conseguiron acelerar os cambios democráticos. Os primeiros pasos de Suarez foron importantes por exemplo o dialogo con Felipe González e Santiago Carrillo. Outro paso foi o da lei da reforma política, que pareceu ser moi popular, debido ao número de votos.

Mentres tanto en España sufríanse movementos nacionalistas, que se trataban de obstáculos en canto ao proceso de democratización. Por exemplo os atentados de ETA. Estaba a vivirse unha situación desesperante, debido aos diferentes terrorismos. O terrorismo de extrema dereita levo a cabo certas accións do mesmo xeito que os guerrilleiros de Cristo Rey. Doutra banda atopábase o terrorismo de esquerda e de ETA, ademais creouse un novo grupo chamado GRAPO, que levo a cabo a varios secuestros, como o do presidente do consello Supremo de Xustiza Militar.

Unha das accións que máis destaco foi a matanza de Atocha, nas que se viron afectados o do PCE, partido comunista de España e as Comisións obreiras. Isto, en parte, foi favorable ao recoñecemento do PCE, que lle levo á súa legalización. Foi legalizado por Suarez mediante un decreto lei. Nos meses seguintes destacaron as grandes manifestacións esixindo amnistía.
Fonte de información: https://minaes.wordpress.com/2012/04/24/resumen-de-la-transicion1975-1982-la-constitucion-de-1978-y-el-estatuto-de-gernika/

Ningún comentario:

Publicar un comentario