Cando o ser humano enferma comeza a loita interna contra os organismos externos que producen a enfermidade, o sistema inmunológico ponse en marcha e segrega os anticorpos específicos para combater e eliminar as bacterias, parasitos ou virus que provocan o malestar. Tamén coñecidos como inmunoglobulinas, os anticorpos son glucoproteínas que circulan polo sangue á busca e captura dos antígenos que danan o organismo. O coñecemento do mecanismo de resposta do corpo humano fronte aos antígenos que causan as enfermidades deu lugar ás vacinas, que fan que o corpo se adiante a un posible contaxio facéndoo inmune.
A función básica dos anticorpos é a de neutralizar elementos externos, antígenos, como bacterias, parasitos e virus. Ademais, cada inmunoglobulina é única e específica para cada tipo de antígeno.
Os anticorpos, unha vez producidos, permanecen circulando polo sangue durante meses, o que xera a inmunidade durante longos períodos a un certo antígeno. Esta é a base das vacinas: crear dita inmunidade a certos organismos patógenos externos tras provocar a segregación por parte do sistema inmunitario das inmunoglobulinas correspondentes.
Fonte de información: http://www.muyinteresante.es/curiosidades/preguntas-respuestas/ique-son-los-anticuerpos
Ningún comentario:
Publicar un comentario