Cada vez é máis frecuente ter que facer presentacións. Por iso, neste apartado ofrecémosche unhas pautas xerais para elaboralas.
Unha presentación pretende comunicar ideas e información de forma atractiva. Debes empezar por definir o obxectivo da presentación: que vou explicar, en que me vou a centrar e con que finalidade. Despois, establecer a estrutura da presentación seguindo este esquema:
Introdución, cos obxectivos e puntos crave.
Desenvolvemento de cada un dos puntos.
Peche, coas conclusións.
Aínda que son moitos os factores que inciden no resultado dunha boa presentación, ten en conta as seguintes cuestións:
A presentación debe ser simple, sen información superflua, e sen recargar con demasiada información as diapositivas, que deben ter espazos en branco.
Limita as túas ideas a unha idea central por diapositiva. Se isto é complicado, podes poñer as ideas en diapositivas separadas. Pero non esquezas que a información debe estar distribuída de forma lóxica, seguindo un fío argumental.
Non leas cada unha das diapositivas: así poderás demostrar que entendes e coñeces o contido do que estás a expoñer. Usa as diapositivas como guión para expoñer o tema.
Límita o número de diapositivas. A regra 10-20-30 sobre presentacións proposta por Guy Kawasaki di que unha presentación non debe ter máis de 10 diapositivas, nin durar máis de 20 minutos e non debe ter ningún texto con menos de 30 puntos no tamaño da letra.
Comproba que o texto sexa legible, cun tamaño de letra adecuado. O texto debe ser curto e conciso. É recomendable usar a mesma fonte e non abusar da utilización de moitas cores nos textos ou nos fondos. Desta forma, consegues que a presentación teña un aspecto xeral similar.
Non abuses dos "efectos especiais" do PowerPoint. Pensa como facer o mellor uso de transicións e animacións; se non melloran a exposición, non as utilices.
Non é aconsellable usar os persoais nin os clipart prediseñadas do powerpoint. Prepara a presentación á medida das túas necesidades e terás un traballo máis persoal e orixinal.
Podes engadir imaxes, fotografías, vídeos ou son. Desta forma a exposición será, ademais de informativa, amena.
Algunhas técnicas de comunicación: pensa que o público non espera que sexas perfecto, é esixente, pero polo xeral bastante comprensivo; controla a velocidade do discurso, non vaias moi rápido; establece contacto visual con todos os asistentes; diríxeche a eles cunha voz forte e clara, sen titubeos nin rodeos.
Fonte de información: http://www.bbtk.ull.es/view/institucional/bbtk/Como_hacer_una_presentacion/es
Fonte de información: http://www.bbtk.ull.es/view/institucional/bbtk/Como_hacer_una_presentacion/es
Ningún comentario:
Publicar un comentario