venres, 28 de abril de 2017

Erasmus

Erasmus+ é o programa europeo nos ámbitos da educación, a formación, a mocidade e o deporte para o período 2014-2020.


Erasmus+ é o programa único que trata de impulsar as perspectivas laborais e o desenvolvemento persoal, ademais de axudar aos nosos sistemas de educación, formación e mocidade a proporcionar un ensino e unha aprendizaxe que doten ás persoas das capacidades necesarias para o mercado laboral e a sociedade actual e futura.

En España son dous as organizacións designadas como axencias nacionais para a xestión coordinada do programa Erasmus+: o Servizo Español para a internacionalización da Educación (SEPIE), para o ámbito da educación e a formación; e a Axencia Nacional Española (ANE), integrada ao Instituto da Mocidade (INJUVE) para o ámbito mocidade. As accións de Erasmus+ Deporte están xestionadas directamente pola Comisión Europea a través da súa Axencia Executiva no ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural (EACEA).
Fonte de información: http://www.erasmusplus.gob.es/

Ningún comentario:

Publicar un comentario