xoves, 30 de marzo de 2017

Discurso

En oratoria estamos a facer discursos de graduación e nos axuda un pouco a recordar o noso pasado e ademais a min axudame moita xa que son eu a que vou a facer o discurso final.
Pero bueno, que é un discurso?
Os discursos forman parte da nosa vida diaria. É a forma que nós temos para comunicarnos coas persoas xa que son unha conxunto de palabras expresadas ordenadamente e de forma oral. Ten as funcións de informar, entreter e convencer.





Aquí axudarémosche a preparar un discurso de maneira estruturada e correcta.
A definición de discurso é moi sinxela, pois o discurso é unha mensaxe transmitida de maneira oral, mediante palabras, para chegar ao máximo número de oíntes, o que se reduce a falar en público expoñéndose sobre un tema.

O discurso  é unha acción comunicativa, posto que está formado polo emisor que crea unha mensaxe (discurso) e un receptor.
Para poder entender o discurso é imprescindible ter en conta o contido que vai ter, é dicir, o contido que presenta o discurso ou o que é o mesmo, a temática do discurso, o contexto onde é producido, e os elementos expresivos que dependendo para que se usen poden ter varias funcións.

FONTES DE INFORMACIÓN: http://www.modelopresentacion.com/el-discurso

Ningún comentario:

Publicar un comentario