venres, 31 de marzo de 2017

O Gardián Invisible

O outro día vimos todos xuntos coa profesora no cine a película do Garcián Invisible xa que vamos leer tamén o libro.
Estivo moi ben por iso aquí vos deixo o trailer logo os falo un pouquiño sobre a historia:)

«Ainhoa Elizasu foi a segunda vítima do basajaun, aínda que entón a prensa aínda non o chamaba así. Foi un pouco máis tarde cando transcendeu que ao redor dos cadáveres aparecían pelos de animal, restos de pel e rastros dubidosamente humanos, unidos a unha especie de fúnebre cerimonia de purificación. Unha forza maligna, telúrica e ancestral parecía marcar os corpos daquelas case nenas coa roupa rasgada, a lanuxe púbico rasurado e as mans dispostas en actitude virginal.»

Nas marxes do río Baztan, no val de Navarra, aparece o corpo espido dunha adolescente nunhas circunstancias que o poñen en relación cun asasinato ocorrido nos arredores un mes atrás.

A inspectora da sección de homicidios da Policía Foral, Amaia Salazar, será a encargada de dirixir unha investigación que a levará devolta a Elizondo, unha pequena poboación de onde é orixinaria e da que tratou dehuir toda a súa vida. Enfrontada coas cada vez máis complicadas derivacións do caso e cos seus propios pantasmas familiares, a investigación de Amaia é unha carreira contrarreloxo para dar cun asasino que pode mostrar o rostro máis aterrador dunha realidade brutal á vez que convocar aos seres máis inquietantes das lendas do Norte.
FONTE DE INFORMACIÓN: http://www.doloresredondo.com/novelas/el-guardian-invisible/

Ningún comentario:

Publicar un comentario