A primeira convocatoria das bolsas Fulbright levou a María aos Estados Unidos, nunha viaxe chea de aventuras que realizou no barco Constitution, e alí acabou o seu doutoramento en 1957 na Universidade de Yale co prestixioso algebrista Nathan Jacobson.
Regresou tres anos despois a España, bolseira polo Instituto de Matemáticas Jorge Juan do CSIC, entón o referente nacional, para volver cruzar o charco, ao finalizar esta bolsa, para pasar seis anos en Canadá, onde tivo como primeiro estudante de doutoramento a Robert Moody. Nese momento, María era a única muller entre o profesorado, e foi Moody o que solicitou a súa supervisión. Volveu despois a Estados Unidos, onde lle ofreceron unha cátedra en Buffalo, Indiana, confiando en que alí a súa nai podería visitala con máis facilidade. Precisamente para coidala, en 1983 regresou a España, nun momento álxido da súa carreira científica. Neses momentos tiña 56 anos e podería brindar un gran servizo á incipiente matemática española de entón, pero preferiu retirarse ao seu Galicia natal.
O traballo de investigación de María Worneburger centrouse na Teoría de Grupos, unha das áreas máis apaixonantes das Matemáticas. Obtivo unha gran cantidade de resultados, aínda que quizais os máis coñecidos céntranse nas chamadas álxebras de Kac-Moody, que tiveron importantes aplicacións en Matemáticas e Física. O seu traballo foi sempre moi ben valorado pola comunidade matemática internacional.
FONTE DE INFORMACIÓN: http://www.elmundo.es/ciencia/2014/06/20/53a3fa66268e3ec0478b4572.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario