Abraham Maslow naceu en Brooklyn, Nova York o 1 de abril de 1908. Foi o primeiro de sete irmáns e os seus pais eran emigrantes xudeus non ortodoxos de Rusia. Estes, coa esperanza de lograr o mellor para os seus fillos no novo mundo, esixíronlle bastante para alcanzar o éxito académico. De maneira pouco sorprendente, Abraham foi un neno bastante solitario, refuxiándose nos libros.
Ambos se trasladaron a vivir a Wisconsin de maneira que el puidese acudir á Universidade de Wisconsin. Foi aquí onde empezou a interesarse pola psicoloxía e o seu traballo empezou a mellorar considerablemente. Aquí pasaba tempo traballando con Harry Harlow, famoso polos seus experimentos con bebés resus de mono e o comportamento do apego.
Recibiu o seu BA en 1930, o seu MA en 1931 e o seu doutoramento en 1934, todos en psicoloxía e da Universidade de Wisconsin. Un ano despois da súa gradación, volveu a Nova York para traballar con E.L. Thorndike na Universidade de Columbia, onde empezou a inetresarse na investigación da sexualidade humana.
Comezou entón a dar clases a tempo completo no Brooklyn College. Durante este período da súa vida, entrou en contacto con moitos dos inmigrantes europeos que chegaban a Estados Unidos, e en especial a Brooklyn; persoas como Adler, Froom, Horney, así como varios psicólogos da Gestalt e freudianos.
En 1951 Maslow pasou a ser Xefe do departamento de Psicoloxía en Brandeis, permanecendo alí durante 10 anos e tendo a oportunidade de coñecer a Kurt Goldstein (quen lle introduciu ao concepto de auto-actualización) e empezou a súa propia andaina teórica. Foi aquí tamén onde empezou a súa cruzada a favor da psicoloxía humanística; algo que chegou a ser bastante máis importante que a súa propia teoría.
Pasou os seus últimos anos semi-retirado en California ata que o 8 de xuño de 1970 morreu dun infarto do miocardio despois de anos de enfermidade.
FONTE DE INFORMACIÓN: http://webspace.ship.edu/cgboer/maslowesp.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario