Ingrid Daubechies naceu en Houthalen (Bélxica). Estudou física na Vrije Universiteit Brussel (o universidade de Bruxelas en lingua flamenca), onde tamén se doutorou en física teórica en 1980, e na que tamén estivo a investigar ata 1987, ano en que casa co tamén matemático Robert Calderbank. O matrimonio trasládase a Estados Unidos, onde Daubechies recala nos Laboratorios Bell de Nova Jersey e en varias universidades estadounidenses. En 1993 convértese en profesora de matemática computacional na Universidade de Princeton ata 2011 que se traslada á Universidade Duke onde é catedrática de matemáticas.
En 2012, o rei Alberto II de Bélxica concedeuna o título de Baronesa.
Ingrid Daubechies é membro de numerosas institucións. Foi a primeira muller matemática en presidir a Unión Matemática Internacional (desde 2011). En 1993 foi admitida na Academia Estadounidense das Artes e as Ciencias, en 1998 na Academia Nacional de Ciencias de Estados Unidos e en 2012 na Sociedade Estadounidense de Matemática. Ademais, foi convidada a participar en numerosas ocasións no Congreso Internacional de Matemáticas.
Daubechies recibiu numerosos premios, entre eles destacan o Premio Nemmers en Matemáticas de 2012 e o Premio Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento en Ciencias Básicas 2012 xunto a David Mumford.
FONTE DE INFORMACIÓN: https://es.wikipedia.org/wiki/Ingrid_Daubechies
Ningún comentario:
Publicar un comentario