xoves, 26 de xaneiro de 2017

MARCH WOMEN WASHINGTON

O primeiro día do seu mandato como presidente dos Estados Unidos, o 21 de xaneiro, Trump vai atopar cunha protesta masiva en contra das súas formulacións políticas, que atentan contra os dereitos da muller (e case todos os colectivos que non sexa o de homes brancos heterosexuais con diñeiro). A convocatoria en Facebook de Women´s March On Washington (Manifestación de mulleres en Washington) ten xa máis de 200.000 persoas apuntadas e calcúlase que a asistencia será moito maior.
A organización publicou un comunicado no que expresa o seu desexo de enviar: Unha mensaxe ao noso novo goberno no seu primeiro día de mandato para que lembren que os dereitos das mulleres son dereitos humanos. E lembran que: Estamos xuntas, recoñecendo que defender aos máis marxinados entre nós é defendernos a todas.
Resultado de imagen de marcha women washingtonDentro do gran colectivo, hai outros subgrupos que impulsaron as súas propias iniciativas para levar a cabo o día da marcha, como A marea de gorros rosas iniciada por un grupo de mulleres californianas que se desprazarán á capital o día 21.
A deseñadora de moda Rachel Comey levará con ela a 50 das súas empregadas en Nova York á manifestación e as traballadoras das súas tendas nos Angeles tamén librarán ese día para poder acudir á marcha de apoio que terá lugar na cidade. Pero os seus establecementos non pecharán: serán os seus empregados masculinos os que se encarguen dos labores e o 50% das vendas dese día doaranse a Planned Parenthood.
Pola súa banda, Inside Out Project está a organizar unha acción para apoiar o movemento e pide a aquelas persoas que queiran participar que envíen un retrato por persoa na que apareza sen lentes de sol e sen ningún logo.
Resultado de imagen de marcha women washingtonA Manifestación de mulleres en Washington conta co apoio de moitos famosos que, sen dúbida, axudaron á difusión da mensaxe. Na lista de nomes aparecen algúns predicibles como o de Lena Dunham, Robert DeNiro, Nadya (integrante das Pussy Riot) ou Carrie Brownstein, que tiveron un papel relevante na campaña de apoio a Hillary Clinton.
Ademais tamén se sumaron outras celebridades como Cher, a modelo Christy Turlington, Mark Ruffalo, Janelle Monáe ou Scarlett Johansson, entre outras moitas. Unha das últimas en apoiar publicamente ao movemento foi Beyoncé tamén esperada- cun post na súa conta de Facebook. A cantante publicou o cartel da manifestación xunto ao texto: Como #GlobalCitizens, podemos facer que se escoiten as nosas voces e converter a conciencia en accións significativas e cambios positivos. #WomensMarch.
FONTE DE INFORMACIÓN: http://www.lavanguardia.com/de-moda/20170119/413500577933/womens-march-on-washington-donald-trump-manifestacion-mujeres-trump.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario