venres, 27 de xaneiro de 2017

Burrhus Frederic Skinner

(Burrhus Frederic Skinner; Susquehanna, 1904 - Cambridge, EE UU, 1990) Psicólogo estadounidense. Obtivo o doutoramento en psicoloxía pola Universidade de Harvard en 1931, e continuou as súas investigacións na mesma universidade como asistente de laboratorio de bioloxía co profesor Crozier; en 1936 empezou a traballar como profesor na Universidade de Minnesota, onde permaneceu nove anos.
En 1938 Skinner publicou o seu primeiro libro, As condutas dos organismos, e tras un breve período na Universidade de Indiana, estableceuse en Harvard (1948). Influído pola teoría dos reflexos condicionados de Pavlov e polo conductismo de John B. Watson, Skinner creu que era posible explicar a conduta dos individuos como un conxunto de respostas fisiológicas condicionadas pola contorna, e entregouse ao estudo das posibilidades que ofrecía o control científico da conduta mediante técnicas de reforzo (premio da conduta desexada), necesariamente sobre animais.


Entre os experimentos máis soados de Skinner cabe citar o adestramento dunhas pombas para xogar ao pimpón, a chamada caixa de Skinner, aínda hoxe utilizada para o condicionamento de animais, ou o deseño dunha contorna artificial especificamente pensado para os primeiros anos de vida das persoas.
O seu conductismo radical levantou abundante polémica no seu país, e alcanzou unha fama notable coa publicación da novela Walden 2 (1948), na que especulaba sobre unha sociedade futura totalmente programada con técnicas de enxeñería da conduta.

No seu ensaio Máis aló da liberdade e a dignidade (1971), Skinner defendeu que tales conceptos resultaban en último termo perniciosos para a sociedade, e que a única maneira de alcanzar unha convivencia óptima pasa necesariamente por aplicar unhas técnicas adecuadas no deseño da conduta dos seus membros.

FONTE DE INFORMACIÓN: http://www.biografiasyvidas.com/biografia/s/skinner.htm

Ningún comentario:

Publicar un comentario