A súa coidada educación e as súas viaxes por Europa facilitáronlle o desenvolvemento do seu interese pola cuestión feminina. En 1882 participou nun congreso pedagóxico da Institución Libre de Ensino celebrado en Madrid criticando abertamente na súa intervención a educación que as españolas recibían considerándoa unha "doma" a través da cal se lles transmitían os valores de pasividade, obediencia e submisión aos seus maridos. Tamén reclamou para as mulleres o dereito para acceder a todos os niveis educativos, a exercer calquera profesión, á súa felicidade e á súa dignidade.
Aínda consciente do sexismo nos círculos intelectuais, propuxo a Concepción Arenal para a Real Academia Española, pero a candidatura foi rexeitada; tampouco aceptaría esta institución a Gertrudis Gómez de Avellaneda, nin a súa propia candidatura (foi rexeitada tres veces, en 1889, en 1892 e en 1912), por máis que en 1906 chegase a ser a primeira muller en presidir a sección de literatura do Ateneo de Madrid e a primeira en ocupar unha cátedra de literaturas neolatinas na Universidade Central de Madrid (en 1916) ademais de ser nomeada en 1910 Conselleira de Instrución Pública por Alfonso XIII.
FONTE DE INFORMACIÓN: https://es.wikipedia.org/wiki/Emilia_Pardo_Baz%C3%A1n
Ningún comentario:
Publicar un comentario