En relixión estámos a ver unha película chamada a Invención de Hugo a verdade é que eu xa a vín na miña casa, para mín esta bastante ven pero bueno xa sabemos que non é o mesmo vela ti na casa con tranquilidade que co gran ruído que se forma nas clases ao mellor é o estres de 2º de bacharelato pero sexamos sinceiros eramos así igual nos outros cursos con tal de perder clase. Volvendo ao tema da película eu polo menos a recomendo por iso os deixo aquí o trailer para que xulguedes por vós mesmos;
A película trata sobre un mozo neno chamado Hugo Cabret, o cal perde ao seu pai, un relojero, nun accidente e é obrigado a vivir co seu tío que se encarga de manexar o reloxo nunha estación de tren. Con todo, Hugo e o seu pai estiveran traballando en arranxar un autómata, polo cal el debe roubar pezas agora para completar a súa reparación. Con todo, un día rouba unha peza dunha juguetería na estación de tren, e o dono, ao darse conta, castígao e quítalle o caderno onde Hugo tiña todas as instrucións e materiais necesarios para reparar o autómata.
Ao ocorrer isto, Hugo busca unha maneira de solucionalo. Unha nena que vive co dono da tenda e a súa esposa axúdalle a recuperar o caderno. Hugo comeza a traballar para o señor da tenda para recuperar o seu caderno.
Con todo, un día el e a súa amiga decátanse de quen é o dono da tenda en realidade: Georges Melies. De aí en diante, a película segue coa reparación do autómata, e o reencontro de Melies co seu triste pasado, ao perder a súa fama.
Hugo enfróntase a diversos problemas durante a película, como o seu tío bébedo ou un policía que se encarga de levar nenos orfos ao orfanato. A pesar de todo, todos os personaxes reúnense e isto déixanos cun final alegre.
Obras e autores relacionados:
-Georges Melies con "Viaxe á Lúa" e "A mansión do diaño"
-Cecil Hepworth.
-Os irmáns Lumière.
-"A invención de Hugo Cabret" novela por Brian Selznick.
FONTE DE INFORMACIÓN: https://storify.com/NicoGuerrero/analisis-de-la-invencion-de-hugo-cabret
Ningún comentario:
Publicar un comentario