Ao enviudar por última vez, o rei Felipe II concedeulle unha pensión que equivalía ao soldo dun alférez máis cinco escudos mensuais e concedeulle un permiso de exportación de mulas de España a Portugal.
A súa gran contribución á historia, pola que sería lembrada para sempre, tivo lugar no ano 1589. Foi entón cando Sir Francis Drake, corsario da mariña británica, asediou A Coruña como castigo polo seu apoio á Armada Invencible, enviada un ano antes polo Rei español contra Inglaterra.
Tras longos días de loita feroz e lume intenso, a poboación refúxiase e ofrece resistencia tras os muros da Cidade Vella. Mulleres e nenos colaboran tanto como homes, utilizando calquera obxecto para pechar as fendas e resistir, pero o inimigo consegue finalmente abrir unha gran brecha de acceso na muralla.
Á vista desta heroicidade, os ánimos abatidos dos coruñeses transfórmanse, lanzándose sobre os inimigos que emprenden precipitadamente a fuxida.
A praza de María Pita é un das homenaxes que a cidade da Coruña decidiu dedicar a unha das súas máis ilustres cidadás, e o lugar escollido para levantar un monumento na súa honra. A obra, acabada en bronce e concibida por Xosé Castiñeiras, representa á heroína alzando unha lanza e co corpo sen vida do alférez inglés que atacou a cidade aos seus pés.
FONTE DE INFORMACIÓN: http://www.farodevigo.es/cultura/2016/03/14/maria-pita-heroina-armas/1422915.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario